BULEBULE VIAXA POLA REDE

30/5/11

NORABOA AO CLUB BALONCESTO CULLEREDO

O pasado sábado 14, celebrouse na Sardiñeira o Torneo Intercomarcal de Minibasquet, no que o Club Baloncesto Culleredo se presentaba con dous equipos, un benxamín, como Campión da Liga Regular, e un equipo alevín, invitado pola organización do evento. O resultado non puido ser mellor: ambos os dous equipos proclamáronse campións en senllas categorías.






25/5/11

FORMACIÓN DE USUARIOS, PARA OS MÁIS PEQUES DO COLE

CHUVIA DE RIMAS

Fermosa chuvia de rimas, feita polos alumnos e alumnas de 4º B, na clase Lingua Castelá

16/5/11

QUE LIBRO SALVARÍAS TI?

Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural e escrito.

Tratábase de escoller un libro, escrito na nosa lingua, que cada centro salvaría da destrución, tentando emular a obra de Ray Bradbury, Farhrenheit 451
.
Con esta actividade preténdese difundir a idea de que é imposible destruir os libros e os valores que neles se transmiten se somos que de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Infantil






Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Primaria




Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria.



Grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, arquitecto e debuxante, que fixo para nós o deseño dos fermosos carteis, e a Mª Dolores e a Sabela que foron as encargadas de coordinar a parte conxunta da actividade.


Traballar xuntos multiplica resultados e é moi enriquecedor!!


Nos vindeiros días publicaremos o caderno de todos os salvados no Isaac Díaz Pardo.

15/5/11

CELEBRAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O venres día 13, celebramos no cole o día das Letras Galegas.
Todo o cole a partires das 11:30 estaba de festa.

En Educación Primaria fimemos unha "Xincana das Letras Galegas".

Unha das finalidades era pasalo ben e desfrutar todos e todas cunha actividade cultural e lúdica, tendo como protagonista a cultura galega en xeral.
E creo que o conseguimos
. Mirade que ben o pasamos todos e todas!!





En Educación Infantil fixeron seis xogos, pero menudos xogos!! había que estar en plena forma, e visto o resultado si que o estaban.
Aquí tendes algunhas fotos do seu percorrido polos xogos.





10/5/11

LETRAS GALEGAS 2011. LOIS PEREIRO

Lois Pereiro, o poeta de Monforte de Lemos, é este ano o homenaxeado no día das Letras Galegas.







Nos seguintes enlaces atoparedes máis datos sobre a súa vida e obras:




  • Biografía de Lois Pereiro feita polo equipo de Biblioteca de Castro.

7/5/11

A FEA DURMINTE

Os actores e as actrices de 5º A, representaron hai uns días “ A fea durminte” .
Os nenos e as nenas que tiveron a sorte de velos actuar foron os de 3 aniños e os de 1º de E. Primaria.

Aquí vos deixamos un vídeo da obra, para que toda a Comunidade Educativa poida disfrutar tamén da súa interpretación.

Os actores e as actrices:






A obra:




PARABÉNS A 5º A!!

5/5/11

MAR DE SENSACIONES

Seguimos recibindo traballos dos nosos alumnos e alumnas sobre o proxecto do mar.
Neste caso e dos nenos e das nenas de 6º A cun título moi suxerente:


"MAR DE SENSACIONES"



LER NA CASA

O Laboratotio de lectura da FGSR ven de publicar este documento.
A intención é a de animar, potenciar e orientar a lectura desde a familia Hoxe convidámosvos a mirar este vídeo e, se o credes convinte, a visitar a páxina da Fundación.


4/5/11

PLAMBE

Aquí vos deixamos un vídeo resume dos Encontros do Plan de mellora de Bibliotecas Escolares 2010/2011, que tiveron lugar en Santiago de Compostela os pasados 7 e 8 de abril, coa asistencia dos responsables das 374 bibliotecas integradas no proxecto no presente curso.
+ información e acceso aos materiais AQUÍ (entrar como convidado).





Encontros Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011 from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.






Para rematar estos encontros estivo con nós NEIRA VILAS, o autor de "Memorias dun neno labrego" que cumple este ano 50 anos da súa publicación.
Este entrañable escritor falounos das súas lembranzas entorno á lectura e as bibliotecas.
Gustaríanos compartir con tod@s a súa conferencia.

Xosé Neira Vilas:Libros e lectura na xente nova


3/5/11

LETRAS GALEGAS 2011

A Coordinadora Galega de ENDL pon á disposición da comunidade educativa unha páxina web que contén recursos didácticos para traballar no Día das Letras Galegas 2011.
Nesa páxina poñemos atopar un monográfico especial dedicado á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2011.





Premer na imaxe para acceder




2/5/11

NORABOA

BULEBULE e o CEIP ISAAC DÍAZ PARDO dámoslle a NORABOA AO CLUB BALONCESTO DE CULLEREDO polo seu título de liga benxamín.


ABRIL MES DO LIBRO

Seguimos na BIBLIO a celebrar o mes do libro: coa lectura e dramatización de contos por parte do alumnado maior aos máis pequenos.
Nesta ocasión foron os alumnos e alumnas de 5º A e 5º B os que quixeron compartir as súas lecturas cos nenos e nenas de 3 anos e 2º de E. P.
Os contos que lles contaron foron os de :

"A fea durmiente" 5ºB e " Que contan as ovellas para durmir?"5ºA












PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!